Tansparencia

Grupos de transparencia aos que pertence a Deputación

 

Adhesión da Deputación de Pontevedra á Rede de Entidades Locais pola Transparencia e Participación Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)

A Deputación de Pontevedra, como mostra do seu compromiso coa transparencia, adheriuse á Rede de Entidades Locais pola Transparencia e Participación Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Esta actuación, que é o paso máis recente, xunto coa publicación da Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra, o proceso de redeseño e actualización da información publicada na sección de Transparencia accesible a través do portal web institucional, e a creación da Unidade Responsable de Transparencia, pon as bases para que a nosa Deputación sexa un referente na rendición de contas, no acceso á información pública e no bo goberno.

Búscase reforzar o cumprimento dos seguintes obxectivos:

  • Promover as políticas de transparencia, participación e colaboración da cidadanía efectivas no conxunto de entidades locais españolas e acadar un marco de convivencia estable para favorecer o desenvolvemento económico e social dos territorios
  • Facilitar o exercicio do dereito ao acceso á información pública e á participación cidadá no ámbito local
  • Reforzar a confianza da cidadanía nos gobernos locais, e asumir compromisos de bo goberno e realización de prácticas exemplares no ámbito da rendición de contas

Como froito desta adhesión, a Deputación de Pontevedra poderá recibir formación e asesoramento para reforzar e promover entre o seu persoal empregado público o coñecemento e a práctica das obrigas legais en materia de transparencia, participar en grupos de traballo específicos e colaborar con outras administracións e órganos de control da transparencia.

Última modificación: xoves, 07 maio 2020