Tansparencia

Encomendas de xestión

O noso ordenamento xurídico prevé a realización de encomendas de xestión, que supoñen a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos, entre órganos da mesma ou de diferentes administracións ou entidades por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño.

A encomenda de xestión non supón unha cesión da titularidade da competencia nin dos elementos substantivos do exercicio, e é responsabilidade do órgano ou entidade encomendante ditar cantos actos e resolucións de carácter xurídico dean soporte ou integren a actividade concreta material obxecto da encomenda.

Atopámonos ante unha das técnicas de alteración do exercicio da competencia recollidas no artigo 8 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, o que supón unha manifestación da capacidade organizativa da Administración, é dicir, do seu poder de autoorganización, que se debe exercer sempre con respecto a aqueles principios e aspectos da organización administrativa regulados na Constitución e na devandita lei.

Neste apartado recóllense encomendas acordadas polos diferentes órganos ou servizos da Deputación de Pontevedra en cumprimento das obrigas previstas na normativa vixente en materia de transparencia e na citada lei.

Última modificación: luns, 13 xullo 2020