Normativa en tramitación
O trámite de consulta pública previa ten por obxecto solicitar a opinión da cidadanía, organizacións e asociacións antes da elaboración dun proxecto normativo.
De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de disposicións normativas, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto, tramitarase unha consulta pública, a través deste apartado do portal, co obxecto de recoller a opinión das e dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
A continuación recóllese a lista das iniciativas e propostas normativas obxecto de consulta. Está ordenada por data de publicación, de máis recente a máis antiga:
- MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA ESCOLA INFANTIL 0-3 PRÍNCIPE FELIPE (pechada)
- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA COMPOSTAXE LOCAL PARA OS BIORRESIDUOS MUNICIPAIS DO PLAN REVITALIZA (pechada)
- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (BOPPO) (pechada)
- ORDENANZA REGULADORA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (BOPPO) (pechada)
- REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS E ESPAZOS DA NOVA SEDE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NA CIDADE DE VIGO (pechada)
- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR DEREITOS DE EXAME (pechada)
- REGULAMENTO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COLABORACIÓN NO PROCEDEMENTO SANCIONADOR EN MATERIA DE TRÁFICO (pechada)
- ELABORACIÓN DO ESTATUTO PARA A CREACIÓN DUN ORGANISMO AUTÓNOMO QUE REGULE O MUSEO DE PONTEVEDRA (pechada)
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno favorece a consolidación dunha sociedade participativa e representa unha nova forma de entender as relacións entre a Administración e a cidadanía, proporcionando medios para a rendición de contas, establecendo obrigas de transparencia e articulando o dereito de acceso á información.
Segundo o artigo 7 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra, publícanse as disposicións de carácter xeral que deben ser sometidas a un período de información pública durante a súa tramitación.
Durante o prazo de envío das suxestións as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitilas a través dun formulario que se habilitará para cada normativa. Deste xeito, o órgano encargado da tramitación do texto do proxecto poderá asumir ou rexeitar as súas proposicións, suxestións ou recomendacións a través dun informe final, no que constará a resposta razoada a cada caso, agás naqueles de recoñecida e notoria urxencia. Neste último suposto a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.
Debe terse en conta que a presentación de propostas non lle atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento, e tamén que o previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública nos supostos nos que sexa preceptivo, de acordo coa normativa de aplicación.
Aprobación inicial da modificación da ordenanza provincial reguladora da compostaxe local para os biorresiduos municipais do Revitaliza
- Aprobación inicial (BOPPO 09/04/2021)
- Ordenanza Revitaliza
- Memoria de tramitación da consulta pública previa
- Informe sobre a publicación da consulta pública previa
- Proposta de modificación da ordenanza
- Informe de Secretaría
- Proposta de acordo do Pleno
- Ditame da Comisión informativa de Transicion Ecolóxica e Medio Ambiente