O Pleno
O Pleno é o máximo órgano de goberno e ten entre as súas competencias aprobar as actuacións e as políticas institucionais da Deputación. Está composto por 27 deputadas e deputados, representantes de todo o territorio, e presidido pola presidenta do organismo provincial.
Entre as súas funcións principais destacan
- A organización da Deputación
- A aprobación e modificación dos orzamentos
- A aprobación dos plans de carácter provincial
- A adquisición e alleamento de bens
O Pleno para o mandato 2019-2023 constituíuse na sesión do 3 de xullo de 2019.
As sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 12 horas. Se a data prevista coincide cun día festivo será a Xunta de Voceiros a que estableza o día de realización.
Enlaces
Frecuencia de actualización: continua
Última modificación: martes, 02 xuño 2020