Tansparencia

Rexistro de intereses e Libro de rexistro de bens patrimoniais

O Rexistro de intereses é o lugar onde se inscriben as declaracións efectuadas polos suxeitos establecidos por lei que teñen a obriga de facelo, tanto sobre as súas actividades económicas e posibles causas de incompatibilidade coma sobre a súa situación patrimonial.

De conformidade co disposto no artigo 75.7 e na Disposición adicional décimo quinta da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, así como no artigo 8.2 do Regulamento orgánico provincial, procédese á publicación das declaracións de intereses e das súas modificacións formuladas polas deputadas e deputados.

Este rexistro ten carácter público de conformidade co interese xeral preponderante segundo o disposto no artigo 8. h) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no anexo I da Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.

En todo caso, omitiranse os datos relativos á localización concreta dos bens inmobles e garantirase a privacidade e seguridade dos seus titulares, así como o anonimato dos números dos seus documentos de identidade, segundo o previsto pola normativa en materia de protección de datos persoais.

Última modificación: luns, 14 xuño 2021