Tras as ameas

TRAS AS AMEAS

Un programa para vivir experiencias culturais entre muros de historia

Tras o éxito de "Re-Acción nos Castelos" o pasado verán, este 2021 volveremos transformar Soutomaior e Sobroso en escenarios para gozar de interesantes actividades nun contorno único! Recuperamos o alento para respirar a través da cultura e facémolo de novo apelando á orixinalidade e ao misterio que suscita a cultura entre o público, ás ganas de aventura e de participación e, por que non, á tan precisa evasión de todo o que semella máis real agora mesmo. Co programa "Tras as ameas" achegaremos o público de xeito presencial a eses espazos máxicos e históricos que son parte do noso patrimonio provincial, para mirar cunha ampla perspectiva ao máis alto e máis alá dos seus muros, e poder cumprir con citas coma obradoiros, concertos nos xardíns ou espectáculos escénicos que compartirán como grandes premisas a maxia, o circo e a cor. Un programa cheo de imaxinación que convidará o público de todas as idades, e especialmente o máis novo, a achegarse con curiosidade e moito ánimo para vivir todo o que vai acontecer tras as ameas dos castelos de Soutomaior e de Sobroso.

Coa premisa de aviventar a cultura, esta iniciativa abarcará desde os meses do verán ata a entrada do outono, explorando todas as disciplinas artísticas e poñendo en valor o patrimonio desde a acción cultural, que, xunto coa musealización dos castelos, supón unha aposta por un proxecto innovador que sitúa a historia en diálogo directo coas novas tecnoloxías, coa diversidade de públicos e coa creación cultural actual.

As ameas son os remates de pedra da parte superior das murallas que tanto caracterizan os castelos e fortificacións, un elemento distintivo da arquitectura defensiva que automaticamente relacionamos coa época medieval, que nos leva a viaxar no tempo, a imaxinar historias,a descubrir personaxes e a vivir aventuras. Séculos de historia concéntranse neste remate de pedra. Os episodios de cultura que van suceder esta temporada tras as ameas dos castelos de Soutomaior e de Sobroso só os coñeceremos e viviremos se vixiamos ben as posicións da Deputación de Pontevedra!

#TrasAsAmeas #CulturaNosCastelos #AviventaCultura

PROGRAMA, DATAS E LUGARES

 

 

CICLOS

DATA HORA CICLO ACTUACIÓN CASTELO
29/07/2021 22:00 Noite nos castelos (accións multidisciplinares nocturnas) TILITRATE (Está de Grelo) Soutomaior
29/09/2021 19:00 Música con historia (concertos de música para público familiar) VERO RILO E SONSOLES PENADIQUE Asdomare Soutomaior
08/07/2021 19:00 Música con historia (concertos de música para público familiar) PÍSCORE. Concerto con fusión (percusión e clown) Sobroso
08/09/2021 19:00 Nin príncipes nin princesas (contacontos) CAXOTO. A TRASTENDA DOS CONTOS (contacontos) Sobroso
05/08/2021 19:00 Nin príncipes nin princesas (contacontos) ALDAOLADO. A ovella Engracia Soutomaior
01/09/2021 19:00 O teatro vén de visita! (teatro de rúa) TEATRO GHAZAFELHOS (A illa sen tesouro) Soutomaior
26/08/2021 18:00 Creando no xardín (obradoiros participativos de arte) TALLER ABIERTO (obradoiros creativos para nenas e nenos en familia) Sobroso
19/08/2021 18:00 Creando no xardín (obradoiros participativos de arte) PILAR ALONSO (instalación efémera no xardín en colaboración con familias) Soutomaior
30/06/2021 19:00 Vaia circo este castelo! (espectáculos de circo no exterior) COMPAÑÍA SU.MA (circo, danza e acrobacia). Ikigai Soutomaior
22/07/2021 19:00 Vaia circo este castelo! (espectáculos de circo no exterior) GALA DE CIRCO. CULTURACTIVA (acrobacias, clown e circo) Sobroso
15/07/2021 19:00 Entre muros de maxia! (espectáculos de maxia) PEDRO VOLTA (mago pontevedrés) Soutomaior
12/08/2021 19:00 Entre muros de maxia! (espectáculos de maxia) MAGO PACO. A ILLA DOS NENOS (mago marinense) Sobroso

 

Solicitude Preinscrición
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Actividades
Este campo é obrigatorio.
Persoas acompañantes
 
Este campo é obrigatorio.

Os campos marcados con * son obrigatorios

Chamarase por teléfono ás persoas admitidas