trOPOS

trOPOS

A Deputación pon en marcha o programa trOPOS (acrónimo de "transformar oposicións") co fin de adaptar a Administración para estar a altura das esixencias cada vez máis elevadas da cidadanía e buscar a excelencia na prestación dos servizos públicos.

trOPOS está dirixido especialmente ao persoal ao servizo das administracións locais que participa na redacción de bases e ás persoas integrantes dos tribunais de selección para mellorar a súa cualificación e competencia. Consistirá en actividades de formación, asesoramento, colaboración na redacción de bases e na elaboración de material e instrucións para integrantes dos tribunais, así como doutros traballos que se desenvolverán ao longo dun período de tres anos.

Última modificación: xoves, 15 outubro 2020