Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Vantaxes de instalarse no polígono de Barro

Porque unha boa situación maximiza beneficios. Pola dispoñibilidade de espazo… Estes son algúns dos motivos polos que os polígonos industriais se converten, en moitas ocasións, na mellor opción para situar unha empresa. No caso do polígono de Barro, que ten dispoñibles parcelas, naves ou oficinas para as empresas, outras vantaxes específicas son:

  • A localización estratéxica
  • O Concello e a Deputación de Pontevedra impulsan o crecemento das empresas a través dos seus programas de axudas, complementando as convocatorias europeas, nacionais, autonómicas e provinciais
  • A existencia de boas infraestruturas de servizos para o desenvolvemento social e industrial
  • A ampla oferta de solo dispoñible e provisto de excelentes servizos
  • Os servizos comúns
  • O gran volume de man de obra en todos os niveis de formación
  • O asesoramento técnico, o apoio, o acompañamento e o seguimento no proceso de implantación
  • Os prezos altamente competitivos