Vicepresidente

César Mosquera Lorenzo

Vicepresidente da Deputación de Pontevedra e responsable da área de Medio e Desenvolvemento Sostible

Biografía

Naceu en 1954 en Xanza, no concello de Valga, provincia de Pontevedra.

Licenciouse en Matemáticas e Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de instituto no Barco de Valdeorras e no IES Valle-Inclán de Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira (desde 1976). Tamén foi profesor da UNED.

É deputado provincial e concelleiro en Pontevedra desde hai 24 anos, onde exerce de responsable de Urbanismo e Ordenación do Territorio desde 1999, cando o BNG pasou a formar parte do Goberno local.