Cooperación transfronteiriza

Visit Rio Minho

O obxectivo principal de "Smart Minho" é mellorar a eficiencia da cooperación institucional na área transfronteiriza do río Miño a través dunha planificación estratéxica do territorio común que parta das experiencias de cooperación locais e que sirva para poñer en marcha prácticas piloto de xestión conxunta de equipamentos, actividades culturais e transporte que favorezan a mobilidade entre fronteiras.

A "Estratexia de cooperación intelixente para o río Miño transfronteirizo–Smart Minho" é un proxecto do que son socios a Deputación de Pontevedra (beneficiaria principal), a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais, e que busca establecer a folla de ruta para a cooperación transfronteiriza durante as vindeiras décadas.

O proxecto está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do "Programa Interreg V-A España-Portugal" (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

O ámbito de intervención do proxecto comprende 26 municipios:

  • 16 galegos: A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, O Porriño, O Rosal, Oia, Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.
  • 10 portugueses: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira.

visitriominho.eu

Última modificación: venres, 06 setembro 2019

Vídeos

Nace ‘Río Miño', unha marca de identidade para o territorio transfronteirizo