Volven as Visitas Cruzadas!
Volve a oportunidade de coñecer o Museo de Pontevedra de forma diferente e divertida! Todos os domingos do mes de abril, de 12h a 13:30h, diferentes persoeiros da cultura galega amosarán a súa particular visión do Museo. Ademais ao remate de cada sesión, o Museo de Pontevedra convídate a un petisco.
As "Visitas Cruzadas" son de balde. Só tes que inscribirte!
Quen pode inscribirse: persoas a partires de 14 anos, ata un total de 50 participantes para cada domingo
Como inscribirse: enviando un correo electrónico ao enderezo gabinetedidactico.museo@depo.es (poden inscribirse un máximo de 4 persoas por correo)
Cando inscribirse
- Luns 2 de abril a partires das 8 h para participar na "Visita Cruzada" do domingo 8 (prazas esgotadas)
- Luns 9 de abril a partires das 8 h para participar na "Visita Cruzada" do domingo 15
- Luns 16 de abril a partires das 8 h para participar na "Visita Cruzada" do domingo 22
- Luns 23 de abril a partires das 8 h para participar na "Visita Cruzada" do domingo 29
Guías
- Domingo 8. Música e Literatura: Sés e Xurxo Souto
- Domingo 15. Música, Artes Escénicas e Edición: Iria Pinheiro e David Coritzo
- Domingo 22. Audiovisual e Edición: Nieves Rodríguez e Francisco Castro
- Domingo 29. Cinema: Margarita Ledo e Xacio Baño
Vídeos
- 22/04/2018 Visita Cruzada con Nieves Rodríguez e Fran Castro
- 16/04/2018 Visita Cruzada con Iria Pinheiro e David Cortizo
- 08/04/2018 Visita Cruzada con Sés e Xurxo Souto