Bosques terapéuticos
As visitas guiadas a espazos naturais sempre son unha aposta segura en canto á oferta de actividades de lecer. Nestes momentos tan excepcionais cómpre aínda máis reformular a relación entre as persoas e a natureza, e que mellor forma de facelo que a partir do achegamento ao patrimonio local, aos parques forestais da provincia de Pontevedra.
Estas visitas guiadas mesturan natureza, exercicio, cultura, historia e saúde; combínase unha ruta guiada interpretativa coa posta en valor dos beneficios recibidos desde o enfoque dos bosques terapéuticos.
Obxectivos
O obxectivo principal das visitas guiadas é dar a coñecer os cinco parques forestais seleccionados e experimentar, en primeira persoa, algúns dos principais beneficios que nos ofrecen estes espazos naturais desde o punto de vista físico, pero tamén emocional e social, enmarcados na corrente dos bosques terapéuticos.
Algúns dos obxectivos secundarios que se derivan destes son:
- Dar a coñecer algúns dos parques forestais da provincia de Pontevedra como espazos de lecer para a cidadanía
- Aumentar a oferta de actividades turísticas e de lecer máis acaídas aos tempos actuais de situación sanitaria excepcional
- Fomentar a participación da cidadanía en actividades respectuosas co medio e que provexan as e os participantes de recursos para unha nova perspectiva de interrelación entre o ser humano e a natureza
Persoas destinatarias
As visitas guiadas están destinadas ao público xeral, que deberá desprazarse ata o lugar de encontro de comezo da ruta polos seus propios medios. Polas especiais características das rutas nas que se realizará algún tipo de dinámica relacionada cos bosques terapéuticos, as e os participantes, tanto persoas adultas coma nenas e nenos (cunha ou cun acompañante responsable), deberán gardar, en todo momento, as normas de silencio e de respecto ao grupo, á actividade e ao espazo, indicadas pola ou polo guía .
Visitas guiadas
As visitas guiadas levaranse a cabo en 5 parques forestais da provincia de Pontevedra: PF Cabo Udra (Bueu), PF Freaza (Fornelos de Montes), PF Costa de Oia e Serra da Groba (Oia), PF A Picaraña (Pontareas), PF Camposancos (A Guarda), e terán lugar entre o 18 de xullo e o 27 de setembro segundo o seguinte calendario:
XULLO | ||||||
L | M | Me | X | V | S | D |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
PF Cabo Udra (Bueu) (completo) | PF Freaza (Fornelos de Montes) (completo) | |||||
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
PF Costa de Oia e Serra da Groba (Oia) (completo) | PF Costa de Oia e Serra da Groba (Oia) (completo) | |||||
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
AGOSTO | ||||||
L | M | Me | X | V | S | D |
1 | 2 | |||||
PF Camposancos (A Guarda) (completo) | PF Camposancos (A Guarda) (completo) | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
PF Freaza (Fornelos de Montes) (completo) | PF Costa de Oia e Serra da Groba (Oia) (completo) | PF A Picaraña (Ponteareas) (completo) | PF A Picaraña (Ponteareas) (completo) | |||
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
PF Camposancos (A Guarda) (completo) | PF Cabo Udra (Bueu) (completo) | PF Costa de Oia e Serra da Groba (Oia) (completo) | PF Freaza (Fornelos de Montes) (completo) | |||
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
PF Cabo Udra (Bueu) (completo) | PF Freaza (Fornelos de Montes) (completo) | PF A Picaraña (Ponteareas) (completo) | PF Camposancos (A Guarda) (completo) | |||
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
PF Costa de Oia e Serra da Groba (Oia) (completo) | PF Camposancos (A Guarda) (completo) | PF Cabo Udra (Bueu) (completo) | PF A Picaraña (Ponteareas) (completo) | |||
31 |
|
SETEMBRO | ||||||
L | M | Me | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
PF Cabo Udra (Bueu) (completo) | PF A Picaraña (Ponteareas) (completo) | |||||
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
PF A Picaraña (Ponteareas) (completo) | PF Camposancos (A Guarda) (completo) | |||||
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
PF Costa de Oia e Serra da Groba (Oia) (completo) | PF Freaza (Fornelos de Montes) (completo) | |||||
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
PF Freaza (Fornelos de Montes) (completo) | PF Cabo Udra (Bueu) (completo) |
Cada unha das rutas terá un tema central deseñado especificamente para estas visitas, segundo as características e valores de cada espazo, sobre o que xirará toda a actividade, e contará cun enfoque participativo, no que as persoas poidan sentirse integradas na actividade desde o primeiro momento. Fomentarase o uso dos sentidos favorecendo, por exemplo, a percepción de diversas texturas ou cheiros na natureza, sempre coa premisa da conservación e do escrupuloso respecto ás medidas sanitarias actuais.
En cada unha das rutas haberá unha dinámica específica relacionada cos beneficios dos bosques terapéuticos adaptada aos contidos desenvolvidos na ruta e ao espazo no que ten lugar.
As visitas guiadas terán unha duración aproximada de 1 h 30 min. O número máximo de persoas por ruta será de 15 para garantir a calidade da visita e respectar as medidas de seguridade pola alerta sanitaria. Manterase en todo momento a distancia física recomendada e tanto a ou o guía como as persoas participantes usarán máscara. Todas as visitas comezarán ás 10 h para favorecer a procura de tranquilidade e a conexión coa natureza.
Inscrición
As persoas interesadas en participar deben facer a inscrición a través do formulario en liña que estará dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra a partir do 1 de xullo, data de comezo do prazo de inscrición, que rematará 4 días antes do comezo de cada unha das rutas.
PRAZAS ESGOTADAS
Galería de fotos dos parques forestais
Fotos cedidas por Galicia Máxica
Parque forestal da Freaza – Concello de Fornelos de Montes
Parque forestal A Picaraña – Concello de Ponteareas
Parque forestal Costa de Oia e Serra da Groba – Concello de Oia
Parque forestal Cabo Udra – Concello de Bueu
Parque forestal de Camposancos – Concello da Guarda
Última modificación: luns, 06 xullo 2020