Vive o río Miño

Vive o río Minho

As actividades ecoturísticas do programa "Vive o Minho", promovido pola Deputación de Pontevedra, teñen como finalidade a posta en valor e o coñecemento do territorio que abrangue o proxecto Visit Rio Minho, co-financiado con fondos FEDER a través do programa ‘Interreg V-A (POCTEP) 2014-2020', mediante a realización de actividades que combinan deporte, natureza, cultura, gastronomía, astronomía e moitos máis valores presentes no territorio.

As actividades, que xirarán ao redor do río Miño, realizaranse de forma cronolóxica avanzando polo territorio seguindo o seu curso, desde a parte alta ata a súa desembocadura. A proposta inclúe actividades variadas e dirixidas a un público amplo e diverso. Esta proposta tenta incluír non só os recursos da zona, senón empresas locais que traballan e realizan actividades nela.

Cada actividade conta cunhas características propias que se especifican na súa ficha particular.

Persoas beneficiarias do programa

O programa está dirixido a un público xeral: persoas maiores de idade e tamén menores desde os 10 anos (nalgunhas actividades) que queiran gozar dos valores do contorno e do patrimonio do río Miño transfronteirizo e que se consideren aptas para levar a cabo a actividade.

Neste sentido, cada participante será responsable da súa propia condición física e psíquica para participar nas actividades.

As  e os menores de idade deberán vir acompañados dunha persoa representante ou titora legal. No caso de familias con varias fillas ou fillos será suficiente cunha persoa representante ou titora legal por familia.

Procedemento de inscrición

As persoas participantes poderán inscribirse a través de www.depo.gal a partir do día designado para ese efecto pola Deputación de Pontevedra (especificado na ficha de cada actividade) ata completar o límite de prazas ou ata o derradeiro día de inscrición, que tamén estará especificado.

As persoas que se anoten con posterioridade ao peche de inscricións pasarán á lista de espera.

No caso de que unha persoa inscrita non poida asistir á actividade na que estea rexistrada deberá comunicarllo ao Servizo de Cooperación Transfronteiriza antes do inicio da actividade a través dun correo electrónico dirixido a riominho.interreg@depo.es

Actividades ecoturísticas no río Miño transfronteirizo

Última modificación: luns, 28 setembro 2020

Última modificación: venres, 04 setembro 2020