Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Espazos do viveiro de empresas de Lalín

Naves industriais

O viveiro de empresas de Lalín dispón dun total de 3 naves, cunha superficie variable de entre 131,20 m2 e 142,70 m2. O prezo destes espazos varía en función de se as ou os viveiristas están no seu primeiro, segundo ou terceiro ano desde a sinatura do acordo de cesión. Así, o prezo por metro cadrado é de 3,00 euros durante o primeiro ano, de 4,50 euros o segundo e de 5,99 euros o terceiro. Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente.

PREZOS DAS NAVES
Naves m2 Primeiro ano (€/m2) Segundo ano (€/m2) Terceiro ano (€/m2)
3,00 4,50 5,99
1 141,00 511,83 € 767,75 € 1.021,95 €
2 131,20 476,26 € 714,38 € 950,92 €
3 142,70 518,00 € 777,00 € 1.034,28 €

Oficinas

As instalacións contan con 5 oficinas, cunha superficie variable de entre 16,10 m2 e 18,10 m2, cada un con dous postos de traballo, e equipadas co mobiliario necesario para facilitar a posta en marcha da actividade das e dos viveiristas da maneira máis rápida e eficaz posible.

PREZOS DAS OFICINAS
Oficinas m2 Primeiro ano (€/m2) Segundo ano (€/m2) Terceiro ano (€/m2)
3,50 5,25 6,99
1 16,10 68,18 € 102,28 € 136,17 €
2 16,10 68,18 € 102,28 € 136,17 €
3 16,10 68,18 € 102,28 € 136,17 €
4 16,10 68,18 € 102,28 € 136,17 €
5 18,10 76,65 € 114,98 € 153,09 €

Espazos comúns

O viveiro de empresas de Lalín conta cunha oficina administrativa equipada cunha fotocopiadora e con diferente material de oficina para facilitarlles ás e aos viveiristas a realización das tarefas administrativas. También hai unha sala de xuntas, cunha superficie de 20,90 m2, destinada a sala de reunións.

Ademais, hai un espazo de coworking para personas emprendedoras que precisen dun lugar axeitado para analizar e preparar o seu proxecto de empresa, establecéndose para eles un prazo de cesión dun mes renovable mensualmente. Neste último caso, o prezo destes postos de coworking (de 5,77 m2) é de 3,50 euros o m2 durante o primeiro ano, 5,25 euros o segundo e 6,99 euros o terceiro, aplicándose, no seu caso, o IVE correspondente.