Viveiros de empresas

Actividades

EMPRENDER CHANZO A CHANZO

LALÍN

 

Tes unha idea de negocio? Estás a desenvolver o teu proxecto empresarial? Precisas redefinir o teu modelo porque queres acadar algo máis? Gustaríache facelo atendendo a criterios sostibles? Pretendes que o teu negocio sexa socialmente responsable? Necesitas coñecer e compartir experiencias inspiradoras?

 

Chanzo A equilibradora

Crea e desenvolve a túa idea de negocio

Obxectivos

  • Pensar e deseñar negocios sostibles no económico, no social e no ambiental
  • Facilitar ferramentas relacionadas coa viabilidade persoal (reflexións sobre as habilidades emprendedoras e sobre os motivos para emprender) e acadar unha primeira visión do modelo de negocio traballando nun contexto sostible e responsable
  • Data e horario: xoves 13 de xuño, de 9.30 a 14.30 h (inclúe o momento dos petiscos)

Chanzo Redefine o teu negocio

Obxectivos

  • Analizar e diagnosticar a situación actual do teu negocio ou empresa
  • Facilitar ferramentas relacionadas coa análise e diagnóstico da situación da empresa e de como elaborar un plan de acción
  • Definir obxectivos, estratexia e plan de acción
  • Data e horario: mércores 19 de xuño, de 20 a 22 h (inclúe o momento dos petiscos)

Dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas, profesionais e pequenas empresas
Número de prazas por chanzo: 8
Impartido por: Sherpa Empresarial e Cuatrotercios