Concurso de ideas campaña de promoción

Concurso de ideas para a campaña de promoción dos viveiros de empresas da Deputación de Pontevedra para o ano 2020

Dirixido a alumnado, antigo alumnado e persoas recentemente tituladas de ciclos formativos de Comunicación, Imaxe e Son, Artes Gráficas e Comercio e Márketing e ao estudantado e persoas recentemente tituladas de Belas Artes, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas.

Co obxectivo de que acheguen as súas ideas co gallo de promocionar os viveiros de empresas da Deputación de Pontevedra entre o seu público obxectivo a través dunha campaña en liña.

Premio de 2.000 euros para a idea elixida. A persoa ou equipo gañador terá a oportunidade de executar a súa proposta co apoio do Servizo de Comunicación da Deputación de Pontevedra.

Participación individual ou en grupo, ata un máximo de catro persoas.

Promovido pola Deputación de Pontevedra coa participación e cofinanciamento da Fundación Roberto Rivas.

Prazo de presentación de candidaturas será de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Última modificación: mércores, 30 setembro 2020

Logos Fondo Social EuropeoLogo Fundación Incyde