Viveiros de empresas

Ser viveirista

As persoas físicas e/ou xurídicas (cunha actividade empresarial inferior a 24 meses e/ou con intención de constituírse nun prazo inferior a 3 meses) deberán presentar por rexistro a seguinte documentación:

  • Solicitude (anexo I)
  • Declaración responsable de non atoparse en ningunha prohibición para contratar
  • Currículo profesional das persoas solicitantes
  • Memoria descritiva da actividade (anexo II)
  • Cronograma da posta en funcionamento
  • Especificación do réxime tributario e da Seguridade Social
  • Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento identificativo para persoas empresarias individuais
  • Escrituras de constitución (se for o caso)
  • Apoderamento (cando a ou o licitador non actúe en nome propio ou se trate de persoas xurídicas)

Para máis información pode consultar a normativa de aplicación:

O contrato de cesión das naves e oficinas é dun ano, prorrogable ata un máximo de tres. Nos postos do espazo coworking o contrato mínimo é dun mes, prorrogable mes a mes. A prórroga farase atendendo ás necesidades de estancia de cada unha das empresas previa solicitude (anexo III).

Última modificación: xoves, 14 marzo 2019