Voando nas Rías Baixas

Excursión para a observación de aves nas Brañas de Xestoso

Brañas de Xestoso, na Estrada, Silleda e Forcarei, Pontevedra

Brañas de Xestoso

Situadas na zona interior da provincia de Pontevedra, na súa parte norte e nos límites dos concellos de Silleda, Forcarei e A Estrada.

Espazo declarado Zona de Especial Conservación, protexido pola Rede Natura 2000.

Estupenda representación das serras baixas interiores da provincia de Pontevedra, con diferentes e valiosos ecosistemas coma brañas, prados húmidos, turbeiras, mato baixo, rochedos, carballeiras e a lagoa Sacra de Olives.

Xa nos meses de primavera estes diferentes ecosistemas son os hábitats ideais para observar e escoitar a escribenta amarela, a escribenta riscada, a laverca, o tordo charlo, o trigueirón ou especies migratorias procedentes de África coma o picanzo vermello, a pica das árbores, o cuco, a bubela...

Así mesmo, é un magnifico lugar para as rapaces, aves tan fermosas coma a tartaraña cincenta, a gatafornela, a aguia cobreira, o miñato abelleiro e o falcón peregrino, entre outras.

Recomendacións, material e asistencia

  • A roupa debe ser cómoda e o calzado apropiado para moverse polo campo. É importante levar protector solar
  • As excursións estarán conducidas por 2 guías ornitolóxicos de SEO/BirdLife de Pontevedra e con experiencia e coñecementos contrastados
  • Por ser unha actividade sensible de avistamento de fauna na natureza os grupos non deben ser moi numerosos, como máximo de 25 persoas
  • Material óptico: cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas
  • Material didáctico: achegarase unha guía de aves para cada participante na excursión
  • Notas: recoméndase que todas aquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo os leven

Última modificación: mércores, 09 xaneiro 2019