Voando nas Rías Baixas

Excursión para a observación de aves no Complexo Intermareal Umia-O Grove

Complexo Intermareal Umia-O Grove (reserva ornitolóxica de SEO/BirdLife), O Grove, Pontevedra

Intermareal Umia-O Grove

Está situado no noroeste da provincia de Pontevedra, nos concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados e A Illa de Arousa.

Este espazo está protexido pola Rede Natura 2000 (ZEC e ZEPA), como Humedal de Importancia Internacional, segundo o Convenio Ramsar e como Zona de Especial Interese Comunitario pola importancia da súa biodiversidade. Tamén no ano 2014 unha parte do complexo foi declarada reserva ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

É o mellor lugar de Galicia e un dos mellores de España para a observación de aves acuáticas invernantes, tanto pola diversidade coma pola sorprendente cantidade, xa que máis de 18.000 pasan os meses fríos neste espazo, onde o cullereiro ten a principal localidade de invernada e de paso migratorio.

Tamén son destacables as concentracións de limícolas coma gabitas, virapedras, pilros, píldoras, mazaricos, píllaras, biluricos, distintas especies de patos, garzas, garzotas, gaivotas, carráns, mobellas, parrulos pentumeiros ou corvos mariños, que se desprazan a esta reserva desde o norte de Europa para aproveitar a súa riqueza.

Recomendacións, material e asistencia

  • A roupa debe ser cómoda e de abrigo nos meses fríos, e o calzado apropiado para moverse polo campo
  • As excursións contarán con 2 guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife en Pontevedra con experiencia e coñecementos contrastados
  • Ao ser unha actividade de avistamento de fauna na natureza, os grupos nunca serán numerosos; o máximo de prazas ofertado será de 25 a 30
  • Material óptico: cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas
  • Material didáctico: achegaráselle unha guía de aves a cada participante

Notas:

  • Recoméndase que as persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo acudan con eles.
  • O desprazamento desde o punto de encontro ata o de inicio da excursión realizarase con vehículos particulares e tratarase de compartir coche para reducir o impacto ambiental.