ORAL-Xestión tributaria

Delegación de competencias do Concello de Agolada para desenvolver as facultades de liquidación previa á primeira matriculación do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica


01 setembro 2020

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xullo de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local a delegación de competencias que realizou o Concello de Agolada por acordo do Pleno na sesión de data 11 de marzo de 2020 para desenvolver as facultades da liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA