ORAL-Xestión tributaria

Medidas extraordinarias no ámbito de aplicación dos tributos delegados no entorno da crise COVID-19


24 marzo 2020

O Goberno de España mediante RD 463/2020, de data 14 de marzo declarou o estado de alarma en todo o territorio estatal para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, previamente a Organización mundial da Saúde, tiña declarado o brote de SARS-COV-2 como pandemia.

Nesta situación extraordinaria, a presidencia da Deputación ditou diversos decretos urxentes entre os que contempla o peche da atención presencial das oficinas do ORAL, reforzándose a atención telefónica e continuando activa a oficina virtual existente e a xeneralización do teletraballo domiciliario da maior parte do persoal do mesmo.

Á vista de que o RD Lei 8/2020 de 17 de marzo establece medidas urxentes e extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 atendendo as graves consecuencias que a crise sanitaria global transmite tanto a actividade produtiva como a demanda e ao benestar dos cidadáns.

Tendo en conta que esta forte crise sanitaria supón un grande impacto económico negativo en tódolos ámbitos sectoriais da economía, afectando a un gran número de persoas da provincia de Pontevedra, a Presidencia da Deputación, en uso das competencias establecidas no artigo 34 da LBRL e na disposición final primeira da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) entendeu necesario a aplicación de medidas extraordinarias no ámbito da aplicación dos tributos e demais ingresos de dereito público cuxa xestión estivese delegada nesta Deputación polos diferentes concellos da provincia e outros entes públicos.

Estas medidas extraordinarias teñen como obxectivo minimizar o impacto fiscal facilitando con iso a recuperación da normalidade a medida que a crise sanitaria se minore, e consisten na prorroga do período de pagamento en voluntaria das taxas correspondentes a diversos concellos que finalizaban o dia 6 de abril de 2020, así como deixar en suspenso os períodos de pagamento en voluntaria do resto de tributos que se recollen na resolución da directora do ORAL de data 2 de xaneiro de 2020 (BOP nº 8, de 14 de xaneiro de 2020), fixando un novo calendario fiscal unha vez perda vixencia o estado de alarma antes mencionado.

Medidas extraordinarias no ámbito de aplicación dos tributos delegados polos concellos e outras entidades delegantes na Deputación para minimizar o impacto fiscal derivado do estado de alarma decretado no entorno da crise COVID19 (BOPPO 24/03/2020)