Camelias con nombre de mujer

C. hibrida ‘Juana de Vega'

Camelia nomeada en honor de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872), activista e escritora liberal española. Juana de Vega, que foi aia da raíña Isabel II e camareira maior de palacio, destacou polo seu labor social como mecenas cultural e polo seu apoio constante ás persoas máis necesitadas. Ao falecer sen descendencia, legou case a totalidade dos seus bens á fundación que leva o seu nome, cuxo obxectivo era crear unha escola de agricultura para mellorar a formación de agricultoras e agricultores da provincia da Coruña. Na actualidade, esta institución continúa desenvolvendo actividades que contribúan ao desenvolvemento do medio rural de Galicia a través de diversas iniciativas relacionadas co sector agroalimentario, a formación e a investigación neste ámbito e en temas relacionados coa paisaxe e co territorio.

International Camellia Register | Rexistro e información da Estación Fitopatolóxica Areeiro

Características morfolóxicas

Flor

Tamaño: medio, de 7,5 a 9 cm de diámetro e de 3,5 a 3,2 cm de profundidade

Cor: branca coa marxe esvaecida de rosa clara 60 C-D (RHSCC

Forma: anemone

Pétalos: de 7 a 10, redondeados e elípticos, coa marxe lixeiramente ondulada e incisa nun ou en varios puntos

Petaloides: de 95 a 140, de cor branca-crema, dispostos de forma ordenada nun pompón central

Estames: ao redor de 20 intercalados entre os petaloides; filamento de cor crema

Folla

Tamaño: pequeno, de 5,5 a 7 cm de longo e de 2,2 a 3,5 cm de ancho

Cor: verde medio, brillante

Forma: elíptica-lanceolada

Marxe: dentada

Ápice: apuntado-acuminado

Base: aguda

Planta

Arbusto de porte aberto e rápido crecemento

Floración: temperá, comeza a finais de agosto e esténdese ata decembro. Floreceu por primeira vez hai 12 anos

FENOGRAMA

 

Xan

Feb

Mar

Abr

Mai

Xun

Xul

Ago

Set

Out

Nov

Dec

Floración

                                               

 

Última modificación: mércores, 12 maio 2021