Camelias con nombre de mujer

Camellia japonica ‘Dona Jane Andresen'

Porte do cultivar ‘Doutor Balthazar de Mello', orixinado en 1896 por Alfredo Moreira da Silva en Portugal.

A súa familia adquiriu en 1895 a Quinta do Campo Alegre, hoxe en día Xardín Botánico do Porto (Universidade do Porto), onde reuniu unha importante colección de camelias, das que destacan as espectaculares sebes centrais do xardín. Estas camelias aínda se conservan na actualidade e son reservorio de moitas camelias europeas que quizais se perderon.

International Camellia Register | Rexistro e información da Estación Fitopatolóxica Areeiro

Características morfolóxicas

Flor

Tamaño: mediano, de 7,5 a 10 cm de diámetro e ao redor de 5 cm de profundidade

Cor: rosa intenso (54A RHSCC)

Forma: de rosa

Pétalos: 40-60, os máis externos ovalados e os internos ovalados e redondeados de marxe fimbriada

Petaloides: en número variable, de 0 a 20 de cor rosa e raiados de branco

Estames: de 20 a 50, con filamentos cor crema e dispostos en fascículos

Folla

Tamaño: mediano, 7-9 cm de longo por 4,5 cm de ancho

Cor: verde media brillante

Forma: elíptica

Marxe: dentada

Ápice: apuntado ou acuminado

Base: aguda

Planta

Arbusto denso e vigoroso, de crecemento rápido e porte semiaberto

Floración: tardía, comeza a primeiros de marzo e remata en maio

FENOGRAMA

 

Xan

Feb

Mar

Abr

Mai

Xun

Xul

Ago

Set

Out

Nov

Dec

Floración

                                               

Brotación

                                               

 

Última modificación: mércores, 12 maio 2021