
#COHESIÓNSOCIAL
Cursos gratuítos de Español para Persoas Inmigrantes
Para a Preparación do DELE A2
Estes cursos serven para preparar de maneira práctica as probas do exame para obter a certificación do nivel A2 de español do Instituto Cervantes (DELE A2). Lévanse a cabo mediante prácticas e simulacros de exame e o desenvolvemento de destrezas e estratexias para rendibilizar os coñecementos e o tempo durante a proba.
As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que necesiten preparar o exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.
Daráselles prioridade ás persoas que se atopen preparando as probas do exame de certificación de nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 20 de xaneiro de 2012).
- Bases (BOPPO 03/03/2023)
- Corrección de erros da data do examen da terceira edición (BOPPO 14/03/2023)
- Anuncio de publicación da lista definitiva de persoas admitidas, en listaxe de agarda e excluídas (BOPPO 19/05/2023)
- Lista definitiva de persoas admitidas, en listaxe de agarda e excluídas
- Admisión de 5 solicitudes de cambio de edición (07/06/2023)
- Modificación data de realización da terceira edición (BOPPO 12/06/2023)
- Tramitación en sede.depo.gal