#DegustaEuropa

Degusta Europa

Cociña Europea con sabor das Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra festexa un ano máis o Día de Europa, no que se conmemora a Declaración de Schuman asinada en 1950, co programa “Degusta Europa”, unha actividade que se desenvolverá entre o xoves 12 e o martes 31 de maio nos mercados locais do Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar, Vigo e A Guarda. A través desta iniciativa elaboraranse tapas típicas de diferentes países de Europa tomando como base os produtos locais, para representar a unión dos pobos. Así mesmo, fomentarase o comercio local e a cooperación cos concellos e cos CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo), encargados da preparación da degustación.


Tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza

  • Mercado do Grove, xoves 12 de maio, ás 11 h
    Ragú de feixóns, mexillóns, alga codium e froitos do mar (guiso francés), carpaccio de robaliza e brotes frescos (prato de Italia), lemon pie (sobremesa suíza) e, como bebida, un cóctel Bellini(Italia).
  • Mercado de Mondariz, xoves 19 de maio, ás 11 h
    Pan de pita con roupa vella de matanza e queixo galego (Grecia), smoreebrob de troita (Dinamarca), panacota de requeixo con mirabeis e moras (Italia) e, como bebida, un cóctel Negroni (Francia).
  • Mercado de Pontevedra, venres 20 de maio, ás 11 h
    Sopa de gulax de tenreira con pan de manteiga (República Checa), maatjesharing (Holanda), moules frites (Bélxica) e un cóctel Black Velvet (Irlanda).

As tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Manuel Antonio terán a mesma proposta para os tres mercados: cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada;risoto cremoso de grelos con espeto de galiña; esfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; bucle de calamar crocante sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo, enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

  • Mercado de Gondomar, martes 24 de maio, ás 11 h
  • Mercado do Progreso de Vigo, xoves 26 de maio, ás 11 h
  • Mercado da Guarda, martes 31 de maio, ás 11 h

Documentos

Noticias relacionadas

 
		“Degusta Europa” chega ao seu fin na Guarda despois de servir máis de 7.000 tapas en mercados da provincia para celebrar a gastronomía de proximidade

“Degusta Europa” chega ao seu fin na Guarda despois de servir máis de 7.000 tapas en mercados da provincia para celebrar a gastronomía de proximidade

As elaboracións baseadas en pratos franceses, italianos, suízos, gregos, daneses, checos, holandeses, belgas e irlandeses do menú do alumnado do CIFP Manuel Antonio foron as protagonistas da cita

 
		“Degusta Europa” fai unha nova parada no mercado de Pontevedra para achegar á veciñanza o mellor da gastronomía europea con produtos locais

“Degusta Europa” fai unha nova parada no mercado de Pontevedra para achegar á veciñanza o mellor da gastronomía europea con produtos locais

As persoas que se achegaron ata o mercado municipal puideron probar de primeira man o menú elaborado polo alumnado do CIFP Carlos Oroza con influencias de República Checa, Países Baixos, Bélxica e Irlanda

 
		“Degusta Europa” chega ao mercado de Mondariz nunha nova cita gastronómica cos mellores produtos de quilómetro cero

“Degusta Europa” chega ao mercado de Mondariz nunha nova cita gastronómica cos mellores produtos de quilómetro cero

O público que se achegou ao mercado tivo a posibilidade de degustar un menú con elaboracións inspiradas en pratos e bebidas de Grecia, Dinamarca, Italia e Francia

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.