Depointegra Xoven

Primeiros auxilios en Vigo (87 horas)

Gustaríache traballar no ámbito das actividades físico-deportivas con nenas e nenos e maiores? Esta formación é básica para as profesións do teu interese.

Fórmate con nós para ter as habilidades necesarias para asistir outras persoas en caso de accidente ou en situacións de emerxencia. Aprenderás a identificar os primeiros auxilios que se deben prestar para as lesións máis frecuentes e a aplicar as técnicas axeitadas de primeiros auxilios e de apoio psicolóxico á vítima e á súa familia. Tamén coñecerás os métodos de mobilización e inmobilización que permitan a evacuación da persoa accidentada de ser necesario.

 

Inscricións pechadas

Trátase dunha preinscrición, a inscrición definitiva deberá concretarse co persoal técnico que, no seu caso, se porá en contacto coas persoas candidatas para entrevistalas.