Órganos de Goberno

Raquel Giráldez Armas

Deputada de Promoción Económica e Emprego

Raquel Giráldez Armas

Biografía

Naceu no ano 1977 no barrio mariñeiro de Panxón, no concello de Nigrán.

Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo, formou parte, desde 2005 ata 2015, da directiva dunha entidade sen ánimo de lucro, na que desenvolveu a súa actividade nas áreas Financeira, de RR. HH. e de Calidade.

Entrou na política da man do alcalde do Concello de Nigrán, Juan González, no ano 2015. Ocupou as áreas de Facenda, Contratación e Desenvolvemento Local e converteuse na primeira muller en obter o cargo de tenenta de alcalde no Concello de Nigrán.

Na actualidade compaxina as súas funcións de deputada provincial de Promoción Económica e Emprego co seu cargo como concelleira de Facenda, Economía e Emprego do Concello de Nigrán.