José Carlos López Campos

-
PP
- Partido xudicial: Xunta electoral de zona do partido xudicial da Estrada
- Sen dedicación
-
Retribucións: por asistencia a sesións de órganos colexiados
- Declaración da Renda
- Declaración de Bens
Biografía
Naceu en 1974 na Estrada.
Directivo no sector da banca, a súa traxectoria política comeza en 2003 ao ser elixido concelleiro na Estrada e ocupar os cargos de concelleiro de Industria e Comercio e tenente de alcalde. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PP e foi elixido alcalde da Estrada por maioría absoluta, resultado que revalidou nas convocatorias de 2015 e 2019.
Neste tempo tamén foi deputado no Parlamento de Galicia entre 2009 e 2011 e deputado provincial entre 2011 e 2015 e a partir de xullo de 2019.
Comisións:
- Réxime Interior, Economía, Facenda e Axenda Dixital
- Cooperación Municipal, Cooperación Transfronteiriza e Cohesión Social
- Emprego e Promoción Económica
- Turismo
- Xuventude e Deportes
- Infraestruturas Viarias e Mobilidade
- Igualdade
- Transición Ecolóxica e Medio Ambiente
- Cultura
- Comisión Especial de Contas