Órganos de Goberno

María Paz Lago Martínez

María Paz Lago Martínez

Biografía

Naceu en 1975 en Vilalonga, no concello de Sanxenxo.

Diplomouse en Maxisterio, na especialidade de Educación Primaria, pola Escola Universitaria de Pontevedra.

É concelleira en Sanxenxo desde o ano 2003, onde exerceu de responsable das concellerías de Educación e Cultura en diferentes mandatos. Tamén foi deputada nacional e senadora do PP pola provincia de Pontevedra.