Órganos de Goberno

Miguel Adolfo Domínguez Alfonso

Miguel Adolfo Domínguez Alfonso

Biografía

Naceu na Cañiza o 13 de setembro de 1973 (46 anos).

Despois de finalizar una diplomatura en Ciencias Empresariais e estudos de Economía cursou un máster en Asesoría Fiscal e Tributación.

Iniciou a súa actividade profesional como asesor de empresas en 1999, tras traballar primeiro como contable nunha empresa do sector do metal e como responsable financeiro doutra, á vez que compatibilizaba as tarefas contables na empresa familiar.

Está colexiado no Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra desde 1999.

Desde 2006 ata 2011 foi presidente do C. F. Cañiza.

Foi alcalde da Cañiza desde 2011 ata 2019 con dúas maiorías absolutas.

Foi presidente do GDR Condado-A Paradanta e vicepresidente da asociación de GDR de Galicia de 2015 a 2019.

De 2011 a 2019 foi membro do Consello Escolar de Galicia e, de 2015 a 2019, formou parte da Comisión de Despoboamento creada no seo da FEMP, ademais de ser o único representante de Galicia no Grupo de Traballo Contra o Despoboamento creado na CNAL, dependente do Ministerio de Política Territorial e Función Pública.