Ana Laura Iglesias González
Deputada de Turismo e Xuventude

-
PSdeG-PSOE
- Partido xudicial: Xunta electoral de zona do partido xudicial de Vigo
- Delegacións
- Dedicación exclusiva parcial 72%
-
Retribucións: 3.273,15 € brutos mensuais
- Declaración da Renda
- Declaración de Bens
Biografía
Naceu en Vigo no ano 1989 e reside na parroquia de Matamá. Sentiu a paixón de viaxar e coñecer diferentes culturas e persoas por todo o mundo desde moi nova, polo que a súa formación e vida académica están vinculadas ao turismo. É diplomada en Empresas e Actividades Turísticas e ten un máster en Xestión e Dirección Hoteleira.
Afiliouse ao Partido Socialista aos 19 anos e na actualidade forma parte da Executiva local de Vigo. No ano 2015 foi elixida concelleira en Vigo, onde levou as áreas de Festas e Turismo ata xullo de 2019, data na que se incorporou á Deputación de Pontevedra como deputada de Xuventude e Turismo. É a máis nova da Corporación provincial.