Órganos de Goberno

Carlos López Font

Deputado de Réxime Interior, Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías e ORAL

Biografía

Naceu en Madrid en 1957.

É licenciado en Ciencias Políticas.

É funcionario desde 1976 e desempeñou os seus servizos na Autoridade Portuaria de Vigo desde 1992. Actualmente atópase en excedencia no posto de xefe de área.

Foi secretario xeral da FSP-UXT de Pontevedra e de Galicia e membro da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE, como secretario de Infraestruturas no período 2009-2012.

É concelleiro de Vigo desde xuño de 2007, e durante estes anos encargouse das concellerías de Xestión Municipal, Persoal, Patrimonio, Contratación e Seguridade e da de Mobilidade, ademais de ser portavoz do Grupo Municipal Socialista.

Forma parte da Comisión Executiva Local do PSOE de Vigo e do Comité Nacional do PSdG-PSOE desde 2007 ata a actualidade

Actualmente é concelleiro de Seguridade e Mobilidade e voceiro do Grupo Municipal do PSOE no Concello de Vigo.