Órganos de Goberno

Gorka Gómez Díaz

Deputado de Deportes

Gorka Gómez Díaz

Biografía

Naceu en Vigo en 1982. Está casado e ten unha filla.

Desde neno estivo moi vinculado ao mundo do deporte. Foi xogador, adestrador e preparador físico de diferentes clubs de fútbol da provincia de Pontevedra. É licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo (2004). En 2019 graduouse en Educación Primaria pola Universidade Camilo José Cela.

Colaborou durante anos con medios de comunicación deportivos.

Actualmente pertence á Executiva local do PSdeG-PSOE de Vigo e forma parte da súa Secretaría de Deportes.

É concelleiro de Educación e Xuventude no Concello de Vigo e deputado provincial de Deportes desde 2019.