#LETRASGALEGAS

Día das Letras Galegas

2022

A Deputación de Pontevedra dispón dunha ampla programación das Letras Galegas 2022 para homenaxear a figura de Florencio Delgado Gurriarán con actividades destinadas a todos os públicos.


Na planificación da programación de actos participan as áreas de Memoria e Lingua de maneira coordinada porque, segundo verbas da deputada María Ortega, o autor “é un exemplo de compromiso co país e de loita mesmo nas peores circunstancias (...) e achegarnos a Florencio é un modo de achegarnos a aquela xeración do pasado por vir que quería unha Galiza distinta máis próspera e máis libre. E tamén é achegarnos á literatura do exilio, destacando que na súa obra ademais de gabar o país, denunciou a barbarie do fascismo e nos deu a coñecer o que significaba ser exiliado”.

Espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’-Vigo

O primeiro acto aberto ao público (martes 24, ás 19 horas sede provincial da Deputación en Vigo) é o espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’, de Serafín Marcos, onde o autor noiés fai un percorrido pola vida do autor a través da súa poesía levando ás persoas asistentes dende o Valdeorras natal ata México co humor característico das súas montaxes. 

O evento parte dun verso tomado unha obra de Delgado Gurriarán e pretende descubrir a traxectoria que fai ao escritor ser merecedor do recoñecemento das Letras Galegas deste ano. Será unha “viaxe de volta ao seu Córgomo natal revivindo a travesía marítima de fuxida no Ipanema e gozando pausadamente da natureza valdeorresa, un relato dinámico e participativo no que os versos de Florencio cobran vida”, explica Serafín Marcos.

 

Mesa redonda ‘O retorno de Florencio Delgado Gurriarán’-Pontevedra

O segundo acto aberto ao público será a o xoves 12, ás 19 horas no Pazo Provincial de Pontevedra baixo o título ‘O retorno de Florencio Delgado Gurriarán’.

Será unha mesa redonda conducida por Silvana Moril na que intervirán o biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, Ricardo Gurriarán, cunha exposición baixo o título “Marchei sen calar, dándolle sebo as canelas”; o escritor e profesor de Lingua e Literatura Miro Villar coa intervención “O macrotexto poético de Florencio Delgado Gurriarán”; e a escritora, investigadora e tradutora Tamara Andrés, que falará “Do xardín alleo: Florencio Delgado Gurriarán desde o prisma da tradución”.

Haberá intervención musical de Sheila Patricia, que interpretará pezas baseadas en poemas do homenaxeado.

‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’

Da man de ‘Polo Correo do Vento’ levarase a 35 concellos da provincia totalmente de balde unha actividade que, de xeito ameno e participativo, achegue a figura do homenaxeado como exemplo de amor á terra e mantemento da loita polos ideas.

Neses ‘obradoiros’ alternarase a narración da biografía do homenaxeado coa creación dunha ilustración  e a interpretación de distintas pezas musicais. Contarase ademais con tradución en lingua de signos, para que sexa accesible a todas as crianzas, e rematará cun pequeno coloquio adaptado ás súas idades e un obradoiro no que cada participante realizará a súa propia caricatura de Florencio Delgado Gurriarán.

Nestes momentos está aberto o prazo de solicitude para os concellos, que poderán desenvolver o acto ata o mes de xullo. Os concellos interesados nesta actividade deben presentar a través da sede electrónica unha instancia xenérica  no rexistro da Deputación de Pontevedra (con destino ao Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico)  a partir do vindeiro xoves, 5 de maio de 2022, ás 08.00 horas. Concederanse os obradoiros por estrito orde de entrada.

Actuacións en concellos

Concello Lugar Día Hora
Poio Salón de actos do Centro Cultural Xaime Illa (Raxó) 13/05/2022 17:00
Oia Centro sociocultural de Pedornes 17/05/2022 18:00
Cangas Casa de Cultura 20/05/2022 20:00
Dozón CEIP Pío Cabanillas Gallas 23/05/2022 16:00
A Lama CEIP de A Lama 24/05/2022 11:00
Ponte Caldelas Casa de Cultura 25/05/2022 19:00
Cerdedo-Cotobade Centro cultural e turístico "Antonio Fraguas" 26/05/2022 11:30
Ribadumia Praza do Concello 26/05/2022 19:30
O Porriño Rúa Peonil San Bieito (Feira do Libro-O Porriño) 28/05/2022 18:00
A Cañiza Auditorio de Casa de Cultura 29/05/2022 12:30
Tomiño Auditorio municipal de Goián 29/05/2022 17:30
Ponteareas Sala multiusos do auditorio municipal 01/06/2022 18:30
Redondela   02/06/2022  
Mondariz Concello 04/06/2022 21:00
Campo Lameiro Praza do Concello 05/06/2022 20:00
Tui Biblioteca municipal de Tui 08/06/2022 18:00
Pazos de Borbén CEIP Pazos de Borben 08/06/2022 13:00
Rodeiro Centro cultural Manuel Lamazares 29/06/2022 18:00
Cuntis   01/07/2022  
Pontecesures   02/07/2022  
Gondomar   03/07/2022  
Vila de Cruces   06/07/2022  
Caldas de Reis   07/07/2022  
Sanxenxo   08/07/2022  
Portas   12/07/2022  
Catoira   14/07/2022  
O Grove   19/07/2022  
Moraña   21/07/2022  
Agolada   22/07/2022  
A Illa de Arousa Praza do Concello 27/07/2022 12:00
Meis Praza de España 11/06/2022 20:00
O Rosal Auditorio municipal 13/06/2022 10:30
Salvaterra de Miño Recinto amurallado 13/07/2022 11:00
Baiona   10/06/2022  
Mos Centro social da Comunidade de Montes de Guizán 28/05/2022 12:00

Banda deseñada ‘Florencio Delgado Gurriarán’

Para xente moza (e non tan moza) a editorial do Servizo de Publicacións da Deputación vén de publicar unha obra de banda deseñada realizada por alumnado de ’O Garaxe Hermético’ e coordinada por Kiko da Silva. Será distribuída entre os centros de ensino da provincia e tamén en diversos actos, así como nos centros de lectura públicos.

Títulos do autor, para as bibliotecas

Para rematar, a Deputación vén de facer a compra de diferentes títulos realizadas polo propio Florencio Delgado Gurriarán e realizará unha distribución entre as bibliotecas municipais e puntos de lectura de varias das obras, co fin de ampliar a dispoñibilidade da bibliografía a disposición de toda a cidadanía.

Noticias relacionadas

 
		A Deputación reivindica en Vigo a Florencio Delgado como exemplo da loita polo país e o galego e “semente de novos proxectos para facer agromar unha Galiza infinda”

A Deputación reivindica en Vigo a Florencio Delgado como exemplo da loita polo país e o galego e “semente de novos proxectos para facer agromar unha Galiza infinda”

A sede de Vigo acolleu o espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’ organizado polos departamentos de Lingua e Memoria

 
		A Deputación reivindica a Florencio Delgado como exemplo da loita polo país e a lingua e “semente de novos proxectos para facer agromar a Galiza infinda que tan ben contou”

A Deputación reivindica a Florencio Delgado como exemplo da loita polo país e a lingua e “semente de novos proxectos para facer agromar a Galiza infinda que tan ben contou”

O Pazo Provincial de Pontevedra acolleu hoxe o acto central de homenaxe das Letras Galegas 2022 achegándose á figura do autor dende a música, a banda deseñada, a investigación, a crítica literaria e a tradución

 
		A Deputación leva a Poio, a Lama, Ponte Caldelas e Campo Lameiro o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’ sobre Florencio Delgado ao abeiro das Letras Galegas

A Deputación leva a Poio, a Lama, Ponte Caldelas e Campo Lameiro o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’ sobre Florencio Delgado ao abeiro das Letras Galegas

Os departamentos de Lingua e Memoria programan 35 pases da actividade en toda a provincia, comezando este venres en Poio ás 17h no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.