Inauguración exposición "Redeiras"


20 novembro 2020

Sede de Vigo

Do 20 de novembro ao 8 de xaneiro

Streaming da inauguración: venres 20 de novembro, ás 18:30 h

O mural proxectado para o edificio público da sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, situado no corazón da cidade, intenta servir de conector conceptual entre o Casco Vello e O Berbés (zona de orixe da actividade portuaria e pesqueira de Vigo desde a época dos romanos).

A imaxe elaborada para a intervención mural é unha redución xeométrica da estrutura dunha rede de pesca; unha demostración do respecto e da admiración ao mundo do mar, pero sobre todo é un recoñecemento ao traballo das redeiras, que levan a cabo un labor tradicional e altamente cualificado, mais por desgraza silenciado, e básico para a pesca desde os seus comezos.

 

O Berbés, Vigo. Maio de 2020

Darío Basso