Homenaxe a Isaura Abelairas


28 xuño 2021

 28 de xuño de 2021, ás 20 h

Villa Solita, camiño Freixeiro, 14. Vigo

A Deputación de Pontevedra homenaxea a Isaura Abelairas cun acto de recoñecemento á súa figura e traxectoria.

Isaura Abelairas ocupou a área de Igualdade na Deputación de Pontevedra desde o primeiro mandato de Carmela Silva, cando se creou o servizo, inexistente ata o 2015. Con ela ao fronte, a igualdade converteuse nun eixe prioritario na institución e bandeira transversal a todas as políticas do Goberno. Liderou iniciativas como a posta en marcha da primeira Escola de Igualdade de Galicia, María Vinyals; o primeiro Plan de Igualdade da Deputación; os programas "Mulleres en acción. Violencia zero" ou "Cinema e muller"; os premios Sofía Novoa; as exposicións "Rompe. Xoga en igualdade", "Sorrisos transformadores" ou "Achegas das mulleres ao mar"; a Cátedra de Feminismos 4.0 coa Universidade de Vigo; as campañas de xogo igualitario do Nadal ou a impulsada nos festivais de música "Lembra! Eu decido, ti respectas"; ou as axudas para concellos e entidades para impulsar a igualdade e previr as violencias machistas, entre outras accións.

Mestra de profesión e directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo desde 1993 ata 2007, Isaura Abelairas tivo unha ampla traxectoria política como concelleira, deputada provincial nos períodos 1999-2003 e 2007-2020) e parlamentaria autonómica (2020-2021).

Vídeos