Presentación da terceira edición da Cátedra de Feminismos 4.0


23 xuño 2021

Mércores 23 de xuño de 2021, ás 12:30 h

Sala Rosalía. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, presentan a terceira edición da Cátedra de Feminismos 4.0. No acto detallaranse as accións que se desenvolverán de cara a súa nova edición e achegarase, ademais, un balance dos eventos e actividades realizadas na anterior.