#COHESIÓNSOCIAL

“EN RUTA COA DEPO”

2022

A Deputación de Pontevedra oferta un máximo de 20.000 prazas dirixidas a asociacións e entidades para realizar rutas en 32 espazos emblemáticos da provincia


A Deputación de Pontevedra aprobou o 21 de xaneiro as bases do programa “En ruta coa Depo” 2022 e abrirá o prazo de solicitudes o día 8 de febreiro durante 15 días hábiles. A institución oferta un máximo de 20.000 prazas dirixidas a entidades sociais da provincia para realizar rutas de ocio e tempo libre en 32 espazos emblemáticos da provincia de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra oferta este ano a través do programa “En ruta coa Depo” 2022 un total de 20.000 prazas dirixidas a entidades sociais da provincia interesadas en realizar rutas de convivencia, ocio e tempo libre en 32 espazos emblemáticos da provincia. A presentación de solicitudes abrirase o día 8 de febreiro durante un prazo de 15 días hábiles e a concesión será por criterios de concorrencia competitiva. Cada asociación poderá escoller por orde de preferencia tres rutas entre as ofertadas e sinalar o mes e o día da semana que prefire para realizar a actividade.

Cada participante achegará a cantidade de 13,50 euros, que incluirá o desprazamento de ida e volta en autobús desde os puntos marcados nos seus concellos, a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia e o xantar. A institución destina este ano 432.600 euros ao programa e cofinancia algo máis da metade do custo da praza, que as bases sitúan en 34,86 euros. Adicionalmente, reservaranse un total de 400 prazas gratuítas, das que a Deputación asumirá a totalidade do seu custo.

O obxectivo desta iniciativa é dotar as entidades sociais da provincia de recursos para promover o envellecemento activo, poñer en valor os recursos máis importantes da provincia para que a cidadanía os coñeza e tamén apoiar á hostalería.

Como novidade, este ano as entidades só poderán solicitar un autobús como máximo debido á capacidade permitida nos establecementos nos que se almorza. Unha vez adxudicadas, as asociacións terán ata o 31 de decembro de 2022, este incluído, para gozar da ruta concedida.

Noticias relacionadas

 
		Case 17.000 persoas participarán na quinta edición de “En Ruta coa Depo”, que volve tras dous anos de parón con 32 rutas por toda a provincia

Case 17.000 persoas participarán na quinta edición de “En Ruta coa Depo”, que volve tras dous anos de parón con 32 rutas por toda a provincia

Todas as prazas están subvencionadas pola Deputación e delas 316 serán  financiadas ao 100% pola institución provincial para achegar o programa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social

 
		A Deputación adxudica o programa “En Ruta coa Depo” con 20.000 prazas para coñecer a provincia

A Deputación adxudica o programa “En Ruta coa Depo” con 20.000 prazas para coñecer a provincia

A iniciativa ofrece a posibilidade de pasar un día de convivencia en lugares emblemáticos do territorio nunha das 32 rutas propostas

ODS NOS QUE TEN IMPACTO