Escola de Letras

Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro

 Naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na lista de honra do Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY, polas súas siglas en inglés), e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.

Foto do autor: © Anxo Cabada

http://editorialgalaxia.gal/autor/antonio-garcia-teijeiro/

Última modificación: luns, 25 maio 2020