#MOBILIDADE

Facultade Ágora

2022


A Deputación de Pontevedra, a través do seu Departamento de Mobilidade e Espazo Público, puxo en marcha a segunda edición da Facultade Ágora, unha experiencia formativa destinada a persoal político e técnico dos concellos da provincia para recuperar espazo público.

Logo do éxito de participación, contidos e repercusión do curso 2021, a segunda edición da Facultade Ágora ten un formato moito máis práctico e descentralizado. 

CURSO ÁGORA

ONLINE

OBRADOIROS ÁGORA

PRESENCIAL

POLI ÁGORA

PRESENCIAL

CONVERSAS ÁGORA

PRESENCIAL | ONLINE


OBRADOIRO ÁGORA A ESTRADA

Facultade Ágora

O primeiro Obradoiro Ágora tivo lugar na Estrada o 16 de xuño, por considerar que este concello é un dos “buques insignia” do modelo Ágora, pola súa filosofía e decisión de apostar por transformar e de recuperar espazos para as persoas.

Inicialmente, realizouse un paseo de observación pola vila por parte das persoas participantes e no debate conxunto puxéronse sobre a mesa para debate a necesidade de deseñar correctamente as plataformas únicas, o uso moderado dos bolardos ou a obrigada restrición do tráfico para que os espazos recuperados para a cidadanía funcionen correctamente.

Entre outras actuacións, nesta xornada realizouse unha análise da mellora da praza da Feira, unha obra grazas á que se recuperaron 2.800 m2 de espazo público para as persoas cunha subvención de 100.000 euros da Rede Ágora da Deputación. 

Galería de fotos

Noticia


OBRADOIRO ÁGORA TOMIÑO

Galería de fotos

Noticia


Noticias relacionadas

 
		A Facultade Ágora defende a aposta polo uso da bicicleta como complemento á mobilidade a pé nos traxectos medios e en contornas menos densas

A Facultade Ágora defende a aposta polo uso da bicicleta como complemento á mobilidade a pé nos traxectos medios e en contornas menos densas

O deputado Uxío Benítez lembrou hoxe no ‘Obradoiro Ágora’ de Vilagarcía que a Deputación ten un servizo de asesoramento aos concellos da provincia para poñer en marcha plans de ciclabilidade

 
		Vilagarcía, protagonista do novo obradoiro da Facultade Ágora da Deputación como exemplo de como recuperar espazo público para as persoas

Vilagarcía, protagonista do novo obradoiro da Facultade Ágora da Deputación como exemplo de como recuperar espazo público para as persoas

Persoal técnico de diferentes concellos da provincia realizarán este xoves 8 unha visita ao municipio, analizarán as obras realizadas e debaterán sobre como priorizar as persoas fronte aos coches no deseño urbano

 
		O ‘obradoiro Ágora' realiza unha chamada á “insubmisión” da normativa que regula o tráfico sempre que mellore a vida dos colectivos máis vulnerables

O ‘obradoiro Ágora' realiza unha chamada á “insubmisión” da normativa que regula o tráfico sempre que mellore a vida dos colectivos máis vulnerables

Persoal técnico e político de varios concellos da provincia participou hoxe en Tomiño nunha nova sesión práctica da ‘Facultade Ágora’

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.