#CULTURA

Mostra Ilustrando Rías Baixas

[ unha viaxe pola nosa provincia a través da cor e do xesto ]

Do 22 de xuño ao 31 de agosto de 2022

Sala Rosalía de Castro. Sede da Deputación en Vigo

 

Inauguración: mércores 22 de xuño ás 19:00 horas

 

Coa acción artística "Pincel e voz para unha illa portátil" de Andrea Jano e Silvia Penas

Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es


A ilustración, desde todas as súas vertentes creativas, sempre foi portadora de pegadas, sensacións e lembranzas de lugares reais e mesmo imaxinarios, acompañando en imaxes milleiros de historias vividas ou por vivir.

Os cadernos de viaxes transformáronse en compañeiros ineludibles para moitas e moitos artistas nos seus percorridos e andainas, nos que rexistraban plasticamente todo aquilo que estaban vivindo cos cinco sentidos. Así, coas ilustracións podemos viaxar por todo o mundo, gozar das mellores vistas, dos monumentos máis incribles, das xentes de diferentes culturas e mesmo degustar os mellores produtos gastronómicos desde unha ollada próxima, moito máis chea de sensacións ca unha fotografía.

Desde a pintura rápida con acuarela, tinta chinesa ou acrílico, o libro ilustrado, a banda deseñada ou a ilustración dixital, ata movementos globais coma as e os urban sketchers, a ilustración tornouse na ollada vivida dun lugar, das súas xentes, do seu xeito de vivir, da súa historia e, sobre todo, do seu presente.

Esta mostra pon en relación diferentes artistas que debuxan, pintan e crean sobre a nosa provincia, sobre o incrible paraíso no que vivimos:  ilustran As Rías Baixas. Un amplo abano de estilos e técnicas, de formas de representar, dun compendio de artistas multixeracional que nos farán percorrer sendas e bosques, trazar rutas por cidades, vilas e aldeas, namorar dos solpores máis sublimes, admirar espazos patrimoniais e sentir lugares e persoas que son tan especiais coma senlleiros.

Viaxas connosco? Dámosche a benvida ás Rías Baixas!

Artistas

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS


 
26
xullo

Mesa redonda

A ILUSTRACIÓN EN GALICIA HOXE

20:00 h

Coloquio con Kiko da Silva, Lara Lars, Eduardo Baamonde e o colectivo NUVI & Éxfico.

Urban Sketching
01
agosto

Obradoiro con Carlos Castro

ÚLTIMAS PRAZAS

URBAN SKETCHING

10:30 - 14:00 h
Ilustrando Faros
09
agosto

Obradoiro con Clara Cerviño

PRAZAS ESGOTADAS

ILUSTRANDO FAROS

10:30 - 14:00 h