Mulleres en acción Violencia Zero

"TABÚ", Carmen Conde

Cuntis, outubro 2019

Carmen Conde

TABÚ

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Val Miñor, O Morrazo, O Courel, A Mariña de Lugo, A Costa da Morte e O Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un espectáculo de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, secretismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son o cimento da nosa terra, as que poden explicar como somos agora nós: fillas do tabú.

Con estrutura de diario íntimo, cada día do calendario pertence a unha muller diferente.

CV Carmen Conde

É filóloga pola USC e dramaturga pola ENERC (Bos Aires). Contadora con funcións nas dúas beiras do Atlántico. Autora de relatos breves publicados en tiras de a un para nenas, nenos e persoas adultas. Humorista de comedia unipersoal con varios espectáculos (Las Muñecas Rusas, Trinidad, El Efecto Kuleshov, Contos Ultramarinos e Premios Darwin, esta última gañadora do premio a Mellor Comedia por parte de Hipócrita Teatro). Guionista en Dama negra films (curtametraxes de ficción) e en Falperra Producciones (documental). Mestra de teatro no centro de Dano Cerebral da Coruña ADACECO. Coorganizadora do micro aberto Serpes na Cachola desde 2017. Desde 2009 imparte obradoiros de relato breve, microrrelato e narración oral. Gañadora do Slam de Poesía Oral Zona Norte en Bos Aires (2015). Gañadora da I Edición do Slam Poetry Compostela (2018).