Mulleres en acción Violencia Zero

"ANÁSTROFE", María Vallina

Nigrán, novembro 2019

María Vallina

ANÁSTROFE

 

Construír para destruír, destruír para construír,

atrapada entre o fin e o comezo

tras a destrución vólvese ao principio

tras os restos brota a poesía.

 

Na obra a libre manipulación e experimentación coa materia e coas súas posibilidades de interacción, inestabilidade, e mutabilidade conformarán e terán lugar nun espazo descentralizado que é habitado por todo o que se enfronte corpo a corpo coa imaxe. É un campo de batalla de formas ilimitadas, de continuo proceso de construción e destrución, un espazo no que todo o que queda atrás é irrecuperable.

CV María Vallina

Artista, investigadora e docente.

Doutora en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 2015, actualmente é profesora asociada da Facultade de Belas Artes da UCM e do Centro Universitario de Artes TAI.

Combina a súa actividade artística coa súa investigación académica. Obtén a bolsa da Real Academia de España en Roma (MAEC-AECID 2009-2010) e forma parte dos grupos de investigación: "El cuerpo en el arte contemporáneo: Imagen y Sujeto", UCM, "Estética y filosofía de la imagen", UZ. Entre os seus últimos proxectos expositivos destacan PulsAcciones_Columbiello 3.0 en ATM Contemporary Gijón (2017) ou Prácticas videográficas: miradas contra las violencias, comisariado por Ana María Herrero, Museo das Mulleres, Costa Rica (2016); así como as accións Rupturas del espacio habitado ou Deshacer el tiempo en Acción!MAD en 2017 e 2016, ou a súa participación en encontros de arte de acción como MATSU ou PEPA en Madrid.