Mulleres en acción Violencia Zero

"FEMININOPLURAL", Femininoplural

Combarro (Poio)
26 de xuño 2019 ás 19 h
Praza da Chousa

Nieves Correa

FEMININOPLURAL

Femininoplural xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas autoras no transcurso da historia da humanidade. Quixemos para iso trazar/construír un camiño cheo de historias, tanto contadas coma cantadas, onde se puidera reflectir, en pequenas cápsulas musicais, a pegada indeleble das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal.

Cunha ampla experiencia en diversos ámbitos do abanico musical, Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, nesta ruta musical que supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento enriquecedor.

O noso percorrido comeza coa figura de Clara Schumann. Unha das súas fermosas pezas para piano da pé a 45' nas que imos da man de Violeta Parra, Guadi Galego e Consuelo Velázquez entre outras, contando anécdotas e dando paso incluso a unha pequena chiscada poética da man de Lucía Aldao, Baia Fernández ou Eva Alfonso.

A nosa intención é darlle visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano.