Mulleres en acción Violencia Zero

"O XARDÍN É DE TODAS", Iria Fafián

Salceda de Caselas
18 de decembro 2018 ás 12 h
Tunel do Parque Raiña Aragonta

Iria Fabián

O XARDÍN É DE TODAS

Na imaxe veremos unhas mans de muller cunha tesoira liberando dunha maraña de espiños outras mans que están rodeadas destes, envolvéndolle os brazos. A imaxe fai referencia a un acto de liberación, de autocoidado e de mantemento dun ben colectivo.

CV Iria Fafián

Estudou Belas Artes e desenvolveu o seu traballo no eido do debuxo e o muralismo. Participou en eventos de arte urbana coma: Cromático Mural Fest en Cambre, Vigo Ciudad de Color, Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest en Carballo e DesOrdes Creativas. No mes de marzo foi convidada a realizar unha intervención mural en Saint-Ouen (París).

Publicou varios álbums ilustrados con editoriais galegas como Galaxia e Aira Editorial e, a nivel nacional, con Santillana, Walrus Books e o Museo ABC de Madrid. Foi seleccionada no certame Iberoamérica Ilustra 2016 e na bienal Ilustrarte 2017. Expuxo a súa obra Komorebi na librería Panta Rhei de Madrid. Actualmente está a preparar unha exposición individual que se inaugurará no mes de decembro na Coruña.

Iria vive e traballa na Coruña, onde ten o seu espazo de traballo compartido con outras artistas da cidade.