Mulleres en acción Violencia Zero

"A UNIÓN É VIDA", Lidia Cao

Silleda
9 de maio de 2019 ás 12 h
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Nieves Correa

A UNIÓN É VIDA

Na unión reside a vida. Non todo o que parece perdido o está. Non todo o que se esmagou queda esmagado. Das cinzas pode rexurdir unha chispa, un sinal de vida, de movemento. A unión fainos máis fortes ante calquera cousa, o amor e respecto mutuo no máis minúsculo ser vivo. Todo é vida se existe unión. E trátase de harmonía, un equilibrio máxico e lóxico. Violencia zero para todas, para todos e para toda existencia.

CV Lidia Cao

Técnica superior en ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña.

Nace en Santiago de Compostela en 1997 e críase en Ordes, terra de graffiti e muralismo, crecendo cos murais entre os seus ollos.

Desde moi pequena mostrou un grande interese pola arte de debuxar. Dedícase á ilustración, ao deseño e á pintura mural. No seu traballo destaca a figura feminina e os retratos psicolóxicos como leitmotiv das súas composicións. Grande amante da natureza e dos animais, tamén mesturados nas súas obras.

Non foi nena de clases particulares, considérase maiormente autodidacta.

Participou en festivais de Arte Urbana como: Pintando el Sur (Getafe, Madrid), Vigo Ciudad de Color (Vigo), DesOrdes Creativas (Ordes, A Coruña).

Colaborou coa editorial galega Urco, na que é autora das ilustracións do libro infantil As cinco castes, o último conto inédito da homenaxeada nas Letras Galegas do 2018, María Victoria Moreno.