Mulleres en acción Violencia Zero

"IN MAPA SON", María Move

Mos
15 de xaneiro 2019 ás 10:25 h
IES de Mos

María Move

IN MAPA SON

Trátase dunha acción sonora e física composta por música en directo e coreografía de danza, cunha duración aproximada de entre 7 e 10 minutos e adaptable a calquera espazo e lugar.

A música creada in situ pola intérprete comeza ou finaliza a acción. A proposta está aberta a variacións segundo o emprazamento e o contexto no que se presente.

O son en directo da voz cantada desenvólvese desde unha loop station e combínase con audios clásicos, de música antiga ou bolero.

O corpo faise presente a través da voz e o movemento.

A voz fala, canta e expresa, introducindo a linguaxe xestual do corpo, a interpretación dunha "partitura-mapa" de movemento adaptada ao espazo escollido. A peza medra, involucrando voz e danza simultaneamente.

IN MAPA SON viaxa desde a periferia ao interior, desde o corpo que camiña ao corpo que danza e fala, brindando vibración á voz que se alza, desde a distancia á intimidade.

CV María Move

Licenciatura en Belas Artes (UCM) e grao medio de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Valladolid. 

Amplía estudos: Violoncello e Canto en EMC e na escola superior Katarina Gurska de Madrid e formación específica coas e cos profesores: Demetrio Méndez, Eva Leber, Irene Albar, Sergei Mesropian (Madrid) e Mónica de Nut (Santiago de Compostela). Formación escénica: Técnicas Circenses, danza Contact e Improvisación e Técnicas Aéreas en E. C. Circonove, Escola de Circo Alcorcón, Estudio 3 e Teatro Asura, entre outros (Madrid). Danza Contemporánea: Estudio 3, ArteStudio, Can Cun Quinqué, Enxebre 2015, 2016, 2017. Clases regulares coas e cos profesores e coas e cos coreógrafos Rut Balbís, Betty e Armando Matén e Bárbara Monteagudo. Amplía a través de monográficos e clases maxistrais con Cía. Los Innato, Maximiliano Standford, Cía. La Macana. Estudos de locución: formación Xit-Studio, 2008. Autodidacta e aprendiz de clown (Técnica Michelle Dallaire) e teatro xestual.

Actualmente traballa como docente de Acción Formativa, en colaboración coa empresa Synthesis (Vigo), en centros como a Universidade de Ciencias da Educación de Pontevedra e o CGAC (Santiago de Compostela) en áreas relacionadas coa música e as artes plásticas.

Galería de fotos