Mulleres en acción Violencia Zero

"NOSOTRAS", Nieves Correa

Vigo
23 de novembro 2018 ás 19 h
Salón de actos do Marco

Nieves Correa

NOSOTRAS

A socióloga María Ángeles Durán, primeira muller en acadar unha cátedra de Socioloxía en España (en 1982), investigou sobre o traballo non remunerado das mulleres nas economías desenvolvidas e ata que punto o noso nivel de benestar se sostería sen este traballo, moitas veces invisible. Eses espazos económicos e sociais non están ocupados por unha pequena elite de mulleres que só xestiona un tanto por cento moi pequeno de certos nichos de poder, senón por unha inmensa maioría de mulleres cuxo traballo, o noso traballo, segundo os estudos de María Ángeles Durán, suporía o 53 % do produto interior bruto de España; o motor máis grande da economía deste país.

CV Nieves Correa

Nacida en Madrid en 1960. Graduouse en Historia da Arte e formouse, entre outras persoas, con Concha Jerez, Isidoro Valcárcel Medina e Antoni Muntadas.

Comezou a súa carreira na arte de acción e a performance a finais dos anos oitenta e desde entón participou en festivais e encontros, fundamentalmente en Europa, pero tamén no Canadá, Ecuador, A Arxentina, O Uruguai e O Xapón.

Desde 1990 organizou festivais e programas de performances, tanto de forma independente como en comisariado, de entre os cales cabe destacar Acción!MAD-Encuentro Internacional de Arte de Acción de Madrid, do que é directora desde o ano 2003.

O seu traballo obxectual: instalacións, obxectos, fotografías, vídeos e procesos están intimamente vencellados ás súas performances coma un organismo vivo que dá lugar a diferentes manifestacións ou "rexistros que se alteran".

www.nievescorrea.org

Galería de fotos