Mulleres en acción Violencia Zero

"MULLERES NA LUSOFONÍA", Sara de Sousa

Cangas, agosto 2019

Sara de Sousas

MULLERES NA LUSOFONÍA

Sara de Sousa, xunto co guitarrista Gom Goás, presenta unha selección de poemas e cancións escritas por e para a muller dentro do marco das culturas lusófonas. Con esta selección pretenden poñer en valor a figura feminina na literatura e na música galega, portuguesa, africana e brasileira.

CV Sara de Sousa (A Coruña, 1987)

Comeza a súa carreira como cantante no fado, actuando en diversos espazos da cidade do Porto.

Foi solista de Fado Maior e na actualidade forma parte do grupo Falua, que se centra na reinterpretación das músicas lusófonas, e da banda Liridade Noctâmbula, que musicaliza a obra poética de Federico García Lorca.