Mulleres en acción Violencia Zero

"FUTURE", Vanesa Álvarez

As Neves, xuño 2019

Nieves Correa

FUTURE

A acción será realizar un mural colaborativo no que poderán pintar persoas de todas as idades. Coa artista como guía e un código cromático marcado, remataremos a obra cunhas verbas e unha imaxe moi potentes creadas por todas e todos.

Así é como debería ser o futuro sen violencia.

Creado por todas e todos.

CV Vanesa Álvarez (Vigo, 1983)

Titulada en Artes Plásticas e Deseño, traballa como creadora tanto na súa vertente máis comercial coma en artes escénicas (A artística, 6x6, Factoría Teatro, VGo Negro Son), poesía (Festival Kerouac) e arte urbana (Vigo Ciudad de Color, Pintamalasaña Madrid, Casa Galicia NY e Brooklyn Internacional School, entre outros).

A poesía visual sempre tivo unha pegada palpable na obra desta artista gráfica que participou en exposicións de xoiería (GZ Crea), de fotografía (Casa das Mulleres), de perfomance (Xardín segredo no MARCO con La Canalla) ou en colectivas de cartelismo no VERBUM. A súa exposición individual "Ser é crear" púidose ver en espazos de Galicia e Portugal. Tamén realizou instalacións artísticas no Instituto Cervantes de Nova York e no Festival Arteficial.

Recentemente inaugurou "Poetry Month", exposición de fotografía analóxica en Detrás do Marco, e pintou o seu último mural en Vigo, Expostas, sobre o empoderamento e a visibilización da muller a través da arte urbana.